luns, 30 de maio de 2016

CIRCULAR 1 / 2015-16

16/04/2016

Estimadas Nais e Pais.

Despois dun proceso de rexistro máis longo do que agardabamos, recibimos a comunicación de inscrición oficial no rexistro xeral de Asociacións, onde figuramos co número 2016-20210-1, como ASOCIACIÓN SÉCULO XXI DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO IES MANUEL MURGUÍA DE ARTEIXO. Abreviando, ANPA SÉCULO XXI.

A Xunta Directiva fundacional, formada por seis persoas que temos fillos /as matriculados neste centro, acordou en reunión ordinaria, o día 12 de abril, entre outras cousas, a apertura do proceso inicial de inscrición de socias e socios da Anpa. O proceso desenvolverase do 16 de abril ao 22 de maio de 2016 ambos inclusive. Para inscribirse  é imprescindible cubrir a ficha, que poderedes atopar no blogue, e abonar a cuota de inscrición por importe de 15 (quince) euros por familia, na conta ES34-2080-5512-0030-4011-7758 (ABANCA), indicando como concepto o nome e apelidos que figure en primeiro lugar na ficha de inscrición. Esta pode cubrirse directamente nun formulario online ou imprimilo e facérnolo chegar cuberto. En breve disporemos dun local como sede social no propio instituto, onde teremos un horario de atención. Calquera dúbida sobre como cubrir a ficha de inscrición pode ser consultada ao correo electrónico ou nas redes sociais vinculadas (G+, Facebook). A XD acordou tamén que excepcionalmente, e debido ás datas do curso nas que xa nos atopamos, a cuota terá validez ate o 31 de agosto do 2017, data na que rematará o próximo curso.

Ao inicio do curso 2016/17, abriremos estatutariamente un novo proceso de inscrición para todos os que se incorporen de novos ao IES ou para os que non tiveran oportunidade de asociarse neste proceso extraordinario. E en calquera caso, sempre poderán solicitar a súa inscrición como socias as persoas que cumpran as condicións indicadas nos Estatutos e segundo os procedementos regulares establecidos.

Asemade, a Xunta Directiva acordou na reunión do día 12 de abril, convocar Asemblea Xeral Extraordinaria para o día 24 de maio, martes, no salón de actos do instituto, da que se fará a convocatoria pertinente en próximas datas. A intención é que, entre outras cousas, nesta Asemblea poidamos escoller de entre as persoas socias asistentes unha Xunta Directiva plenamente funcional para exercer durante os dous próximos cursos, tal e como indican os Estatutos.

A esta Asemblea están invitadas todas as nais e os pais de nenas e nenos matriculados no IES, pero so terán dereito a voto as persoas que figuren como asociadas.

Un saúdo.
XD

ATÓPANOS NAS REDES

Se queres estar informada/o de toda a actualidade e novas da ANPA do I.E.S. Manuel Murguía, podes seguirnos nas redes sociais utilizando as ...